Con Orgullo,
Con Corazón

25 DE XULLO DÍA DE GALICIA

No ano 1919, unha irmandade de emblemáticos intelectuais reuníronse en Santiago de Compostela e acordaron celebrar o Día de Galicia, o 25 de xullo do ano seguinte.

Pretendían conmemorar un día de fe no porvir e na fortaleza de todos os galegos e galegas.

O significado que nese momento se lle deu ao Día de Galicia era o dun día de recollemento, comuñón, alegría, “un acto externo para que moitos dos nosos compatriotas se dean conta do que son, da terra nai, á que teñen que volver se queren ser algo. Desta maneira espertarán do seu sono e traballarán nun futuro glorioso”.

Desde entón e ata hoxe transcorreu o tempo necesario para conseguir, como avanzaban aqueles intelectuais, que “o 25 de xullo non haxa fogar galego que deixe de celebrar o seu sentimento pola nosa terra no DÍA DE GALICIA”